A web oficial do concello de Carballo

“Letras Cantadas”, a exposición que dá voz ás nosas cantareiras

Do 30/05/2025 ata o 15/07/2025
10:00
Escolas do Xardín Agra de Caldas

Carballo achega a este Día das Letras unha proposta única: a exposición Letras Cantadas, que poderá visitarse na Escola do Xardín Agra de Caldas. A mostra céntrase en recoñecer os referentes dunha xeración de mulleres que fixeron da voz un vehículo de memoria, identidade e resistencia. A exposición recoñece tamén o labor das asociacións culturais que hoxe manteñen viva esta tradición e sementan o futuro con novas voces. Música e literatura entrelázanse neste percorrido polas letras cantadas, para lembrar que a palabra nace tamén con música, e que, grazas a estas mulleres, segue viva, vibrante e presente.

A mostra poderá visitarse até o 1 de xullo, de venres a domingo, de 10.00 a 13.00 horas.

A cita está organizada polas Concellarías de Mocidade, Normalización Lingüística e Cultura coa colaboración das seguintes entidades: AC San Campio de Cances, AC Nemeth, AC Escola do Alprende, AC Arume de Verdillo e ADCR Baldaio.

No field defined for this product.