A web oficial do concello de Carballo

22º Autocross Carballo

06/06/2026
10:30
Circuíto do motor de Bértoa

O Concello de Carballo volve vibrar co mellor automobilismo coa celebración do XXII Autocross Carballo, unha das citas máis agardadas do calendario deportivo que se disputará integramente este sábado, 6 de xuño. A proba, organizada polo Club Rally Coruña en colaboración coa Federación Galega de Automobilismo (FGA), reunirá 88 pilotos no trazado carballés, que estrea unha importante mellora técnica. O evento perfílase como un espectáculo único, que reunirá corredores e corredoras das seguintes categorías:  Clase I: Turismos de serie (Series), Clase II: Turismos, Clase III: Carcross, Clase IV:  Superturismos (SCC), Clase V: Junior Carcross, Clase VI: Super Buggy, Copas de Escuderías e o 3º Trofeo MRF Autocross Carcross.

A competición oficial arrincará na pista conforme aos seguintes horarios:

  • 10:30 h: Warm-up
  • 11:30 h: Adestramentos oficiais
  • 15:00 h: Primeira manga clasificatoria
  • 16:30 h: Segunda manga clasificatoria
  • 17:50 h: Finais B
  • 18:00 h: Final A
  • 19:45 h: Cerimonia oficial de entrega de premios e trofeos

 

– Récord de inscrición e moita participación local no XXII Autocross Carballo, que reunirá este sábado a 88 pilotos no circuíto municipal

Non hai campos definidos para este produto.