A web oficial do concello de Carballo

Viaxamos cos Ratos de Lonxedetodo ás Illas do Tesouro

11/03/2026
Horario Adaptado
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

Volven os Ratos de Lonxedetodo con novos contos para todos os nenos e nenas de Carballo!

AS ILLAS DO TESOURO

A Ratiña Carolina pídelle axuda ao seu irmán Pillo para planificar unha expedición na busca dun tesouro mergullado na costa das illas Sisargas. O seu plan é rescatalo co principio científico da campá de inmersión. 

Os contos dos que partirán serán: Belisario; La oveja Carlota; La casa de los pequeños exploradores.

PÚBLICO: Contacontos teatral para nenas e nenos de 4 a 8 anos con acompañante.

DATA E HORA: O espectáculo terá lugar o mércores 11 de marzo. Dous pases: 17.30h e 18.30h

INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o formulario infeiro a partir do mércores, día 4 de marzo.

IMPORTANTE: Deberanse seguir as indicacións do persoal á hora de ocupar os asentos. Rogamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.

Para cancelar a asistencia é preciso chamar ao teléfono 981 758 580.

Agardámosvos!

Non hai campos definidos para este produto.