A web oficial do concello de Carballo

O proxecto

Despois do éxito das edicións pasadas, desde o Concello de Carballo queremos dar continuidade ao proxecto “Eu quero Razo – Baldaio”, que pretende crear hábitos de turismo consciente no litoral carballés. Con esa finalidade contaremos de novo coas entidades que veñen desenvolvendo accións relacionadas coa sustentabilidade da nosa costa.

Tanto o concello como as entidades colaboradoras neste proxecto buscamos a valorización do contorno co obxectivo de que canto máis se coñeza, máis se respecte.

Ademais das accións propostas polas entidades, desde o propio Concello tamén se impulsan outras actividades co mesmo obxectivo que se reflicten no programa.

Programa

A maioría das accións programadas requirirán de preinscrición. As persoas interesadas deberán anotarse en cada evento individual no que queiran participar.

As prazas son limitadas. As persoas admitidas deberán achegarse polos seus propios medios ata o punto de inicio ou celebración das actividades.

Axenda