A web oficial do concello de Carballo

OEP 2024. COORDINADORES SOCORRISTAS PRAIAS

Código

2025/E001/000006

Grupo

Persoal Laboral Fixo-Decontinuo (Grupo IV)

Escala

Sistema selectivo

Concurso-Oposición

Data de actualización

2026-04-23

Inscricions

Pechadas

Estado

En proceso

Proceso selectivo para a cobertura de persoal laboral fixo-descontinuo, en quenda libre, de catro (4) prazas de Coordinador/a Socorrista Praia (Grupo profesional IV), incluídas na Oferta de Emprego Público do Concello de Carballo para o ano 2024.

Anuncio da baremación de méritos da fase de concurso. Os aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, para formular as alegacións que consideren oportunas.

O tribunal acorda CONVOCAR AOS ASPIRANTES para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición, probas físicas, o vindeiro martes 28 de abril ás 08.45 horas na piscina Carballo Calero, sita na rúa Carballo Calero, s/n do Concello de Carballo.

De acordo coa Base Reguladora 11.1, o  día da realización deste exercicio aportarase o certificado médico no que se faga constar de maneira clara e lexible, o nome, apelidos e DNI do/a aspirante, nome, apelidos, número de colexiado e firma do/a profesional sanitario que emite o certificado, lugar e data de emisión do certificado no que se indique que o/a aspirante reúne as condicións físicas precisas para realizar as probas físicas previstas nestas convocatoria. A falta de presentación de este certificado, dará lugar á exclusión da persoa aspirante.