A web oficial do concello de Carballo

OEP 2023. TÉCNICO/A EDUCADOR/A FAMILIAR

Código

EXP. 2025/E001/000019

Grupo

A2

Escala

Administración Especial

Sistema selectivo

Concurso-oposición (quenda libre)

Data de actualización

2026-09-30

Inscricions

Pechadas.

Estado

En proceso

Proceso selectivo para a cobertura en propiedade por persoal funcionario de carreira, en quenda de acceso libre, dunha (1) praza de técnico/a educador/a familiar (Grupo A, subgrupo A2), da escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios) incluída na OEP 2023 do Concello de Carballo. 

Aprobación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a cobertura en propiedade por persoal funcionario de carreira, en quenda libre, dunha (1) praza de técnico/a educador/a familiar (grupo A, subgrupo A2), da escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, incluída na OEP 2023 do Concello de Carballo.

As persoas excluídas, así como as omitidas na relación provisional de admitidos e excluídos, disporán de un prazo de dez (10) días hábiles para emendar as deficiencias que sexan emendables, contado desde o día seguinte á devandita publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, para poder emendar, de ser o caso, os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión da lista de admitidos.

BOP núm. 187 de 30/09/2026.