LISTAXE DE AGARDA DE PERSOAL LABORAL A TEMPO PARCIAL PARA A COBERTURA TEMPORAL DE PRAZAS DE PROFESOR/A DO CONSERVATORIO MUNICIPAL DE MUSICA (CMUS), ESPECIALIDADE VIOLÍN.
Esta listaxe de agarda terá unha vixencia de tres (3) anos, a computar dende o día seguinte a súa aprobación definitiva, sen prexuízo de que se poidan realizar novas convocatorias antes da finalización da vixencia desta por necesidade de persoal, que poñan fin a vixencia da mesma.
Así mesmo, a vixencia da listaxe poderá ser prorrogada por acordo da Alcaldía.
A xestión desta listaxe de agarda de persoal laboral temporal axustarase ao disposto na Instrución reguladora de listaxes de agarda para o nomeamento de persoal funcionario interino e a contratación de persoal laboral temporal do Concello de Carballo que estea vixente no momento en que se realice o chamamento da persoa aspirante.