A Orquestra de Corda nace no ano 2006 coa intención de recuperar un antigo proxecto do Mestre de corda D. Marcial Figueroa. Esta idea xurde e lévase a cabo baixo a batuta do Mestre de Violonchelo e Director da orquestra D. Juan Otero na que curiosamente está integrada por 19 mulleres. Neste primeiro concerto interpretan unha selección de temas moi coñecidos, entre eles: Theme Schildler´s list, West side story, Triumphal Marc, Eine Kleine Nachmusik, O Fortunata, Se chove, Hijo de la luna etc. A Orquestra segue dirixida por Juan Otero ata o 2020 ano que debido á pandemia producida polo Covid a agrupación cesa na súa actividade. Regresa no ano 2022 baixo a batuta da profesora de violoncello Emma Urango. Durante estes anos destacan a súa participación no aniversario da Asociación Íntegro, na residencia de maiores, nos premios de primavera Voz de Galicia na sede de Conservas Calvo, intercambio co conservatorio de Eirís, tamén participou co quinteto Cimarrón na homenaxe a Eduardo Coma.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.