Arredor do 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, o Concello de Carballo convida a toda a veciñanza a participar nunha morea de actividades que nos permitirán dar a coñecer e poñer en valor os nosos servizos e recursos medioambientais.
As concellarías de Medio Ambiente e Servizos, Innovación, Educación, Turismo e Normalización Lingüística unen forzas para ofrecer una programación na que teñen cabida todas as xeracións, porque o obxectivo é implicar a toda a cidadanía, desde a infancia ata as persoas maiores, para conseguir que Carballo sexa un concello cada vez máis sostible.
Bota unha ollada e se queres participar nalgunha das que precisa inscrición faino antes de que se esgoten as prazas. Atoparás o formulario ao final desta nova. Mira cantas propostas!
2 de xuño
Do ciclo da auga á Horta Seixo Branco
- Saída ás 17.00 h do mercado municipal
- Público adulto – Precísase inscrición
- Actividade dirixida preferentemente a maiores de 18 anos, que consistirá nunha visita guiada en autobús a tres das principais instalacións do ciclo integral da auga (captación do río Bardoso, depósito do Seixo Branco e EDAR da Cepeira) para coñecer todo o proceso da auga. A visita inclúe tamén unha parada na Horta Seixo Branco, un espazo destinado á recuperación das nosas árbores froiteiras, no que medran xa as primeiras variedades.
Colaboran Gestagua e Dixardín.
3 de xuño
Herbas de San Xoán
- 17.00 h | Aula de formación do mercado municipal
- Todos os públicos – Precísase inscrición
- Co Grupo Naturalista Hábitat aprenderemos a identificar as herbas de San Xoán a coñeceremos un dos ritos da noite máis máxica do ano.
A saúde do río Anllóns
- Mañá e tarde | Río Anllóns e IES Alfredo Brañas
- Estudantes de secundaria
- Obradoiro dirixido a estudantes de secundaria no que contaremos coa participación de investigadores/as do Grupo de Investigación en Cambio Ambiental (GRICA) da Universidade da Coruña.
- A actividade desenvolverase en dúas fases. Pola mañá, o alumnado realizará unha saída ao río Anllóns para recoller mostras de auga e/ou sedimento, e pola tarde, xa no laboratorio do centro, observarán as mostras con microscopio para ver fitoplancton e posibles microplásticos.
Colaboran GRICA e IES Alfredo Brañas
4 de xuño
Contacontos “Amar no mar”
- 17.00 h | Escolas do Xardín Agra de Caldas
- Bebés de 0 a 3 anos – Inscricións en snl@carballo.gal
- Dentro do programa Medrando con Apego tamén queremos traballar na sensibilización medioambiental desde as primeiras etapas da vida, e por iso contamos con Ana Prema para realizar un contactos interactivo con bebés de 0 a 3 anos e as súas familias.
5 de xuño | Día Mundial do Medio Ambiente
Campaña informativa sobre a xestión dos residuos
- A partir das 10.00 h | Rúa Coruña
- Todos os públicos
- Persoal do servizo municipal do lixo ofrecerá información á veciñanza sobre a adecuada xestión dos residuos sólidos urbanos.
Colabora UTE Carballo (Urbaser-Servigal)
Presume de xardíns
- Horario escolar | Praza da Milagrosa
- Alumnado de primaria
- Esta nova actividade dirixida a escolares dentro do programa Catro Estacións converte aos nenos e nenas en xardineiros/as por un día. A rapazada será a encargada de plantar as flores de temporada e de poñer a punto as zonas verdes da Praza da Milagrosa.
Colaboran CEIP Xesús San Luís Romero e Dixardín
6 de xuño | 125º aniversario da primeira traída de auga de Carballo
O venres 6 de xuño levaranse a cabo as actividades conmemorativas do 125º aniversario da primeira traída de auga de Carballo que estaban previstas para o 22 de marzo pero que tiveron que ser adiadas por mor do mal tempo.
Ruta guiada pola historia da auga de Carballo
- 19.00 h | Saída da Praza de Galicia
- Todos os públicos – Precísase inscrición
- O profesor e historiador Xan M. Fraga Rodríguez levaranos de ruta pola historia da auga de Carballo, desde a Praza de Galicia ata a Praza de Alfredo Brañas, unindo as dúas fontes da primeira traída de auga de Carballo.
Festa do 125º aniversario da primeira traída de auga
- 20.00 h | Praza de Alfredo Brañas
- Todos os públicos – Entrada libre
- Foliada co grupo de música tradicional Tanto nos ten e aperitivo. Tamén se repartirán entre o público postais ilustradas con debuxos das dúas fontes realizadas polo traballador municipal Xaime Díaz, autor da Guía ilustrada de arquitectura de Carballo.
Colabora Gestagua
7 de xuño
Ruta guiada desde a Furna Furada ata a Pedra do Sal
- 10.00 h | Saída do autobús desde o aparcadoiro público da rúa Perú
- Mocidade e público adulto – Precísase inscrición
- O escritor e divulgador Xabier Maceiras guiará ás persoas participantes nunha ruta cunhas vistas extraordinarias e na que coñeceremos, ademais, os Contos mariños de Carballo vinculados a ese treito do noso litoral.