A web oficial do concello de Carballo

Cambios na circulación pola rúa Río Miño

Xa se pode circular pola rúa Río Miño en ámbolos dous sentidos.

Despois de constatar o funcionamento do plan de tráfico elaborado pola Concellaría de Mobillidade para facilitar a circulación, na medida do posible, desde onte pola tarde xa está operativa unha das medidas previstas para cando se produza o peche da ponte da Casilla.

Deste xeito, recoméndase a utilización da rúa Río Miño EXCLUSIVAMENTE PARA TURISMOS que se dirixan cara o polígono industrial de Bértoa ou á Coruña. No San Martiño deberán xirar obrigatoriamente á dereita para continuar por Santa Ana e Vila de Negreira.

Calquera incidencia relacionada co tráfico pode comunicarse á Policía Local nos teléfonos 092 ou 981 701 722.

Grazas pola colaboración.