Primeiro período anual de cobro de tributos: marzo – maio
Primeiro período anual de cobro de tributos de devengo periódico e cobro por recibo: entre marzo e maio.
Tributos postos ao cobro:
- Taxa pola prestación do servizo de recollida domiciliaria de lixo e residuos sólidos urbanos.
- Taxa pola reserva de vías para vaos permanentes.
- Taxas pola reserva de espazos para estacionamento.
- Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.
Segundo período anual de cobro de tributos: setembro – novembro
Segundo período anual de cobro de tributos de devengo periódico e cobro por recibo: entre setembro e novembro.
Tributos postos ao cobro:
- Imposto sobre Bens Inmobles.
- Imposto sobre Actividades Económicas.
* As datas de ambos períodos poden sufrir cambios por axustes de calendario, estando suxeitas ao que se dispoña nos correspondentes Anuncios de posta ao cobro no Boletín Oficial da Provincia (BOP) polo que as datas sinaladas anticípanse tan só a efectos orientativos.
Lugar e formas de pago
a) Nas oficinas bancarias e nos caixeiros das entidades ABANCA, CAIXABANK, BANCO SANTANDER e BBVA, utilizando o documento que remitirá o Concello por vía postal aos domicilios fiscais declarados polos contribuintes.
b) A través da banca móbil/electrónica de ditas entidades, co código de barras e a referencia que constan no documento de pagamento que remitirá o Concello por vía postal aos domicilios fiscais declarados polos contribuintes.
c) Na pasarela de pagos da web www.carballo.gal, dentro do apartado Centro de Atención Cidadá, apartado “Sede Electrónica”, apartado “Outros servizos”, logo “Pago de tributos on-line”, onde poderá realizar o pagamento co código de barras incluido no recibo mediante tarxeta bancaria.
Desde finais do exercicio 2023, os recibos xa non poden ser aboados na Recadación Municipal, polo cal se ten extendido o servizo de caixa en entidades bancarias colaboradoras a todas as entidades de maior implantación a nivel autonómico.
Información e contacto
- Oficina da Recadación Municipal, situada no mercado municipal (planta soto, con acceso directo desde a Praza do Concello).
- Horario de apertura: de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.
- Teléfono 881 985 430
- Correo electrónico recadacion@carballo.gal