A web oficial do concello de Carballo

Bombeiros Voluntarios
de Carballo

Os bombeiros voluntarios

Foron un grupo inicial de trece persoas que se constituíu na década dos setenta para velar pola seguridade cidadá en Carballo.

O colectivo formouse despois dunha serie de incendios que afectaron a Carballo nos anos 1975 e 1979. Segundo lembrou un dos seus integrantes, Ricardo Vilas, sempre aparecía o mesmo grupo de persoas para apagar o lume, polo que trece delas decidiron crear un grupo de emerxencias. Ademais de combater incendios, tamén atendían accidentes de tráfico e realizaban tarefas de salvamento nas praias, empregando só “unha corda e un flotador” para tentar salvar vidas.

As súas actuacións non se limitaban a Carballo, senón que tamén se estendían a outros concellos da comarca, como A Laracha ou Malpica, e mesmo a lugares máis afastados.

Foron recoñecidos no ano 1993 como Bergantiñán do ano e incorporáronse a Protección Civil no ano seguinte.

No ano 2012 o Concello de Carballo tivo un recoñecemento á súa traxectoria nomeando unha praza co seu nome no espazo do Fórum Carballo.

Ricardo Vilas Otero
Basilio Fraga Suárez
Juan Manuel González Regueira
José Antonio Porteiro
José Manuel Lavandeira Lorenzo
Pedro Manuel González
Joaquín de las Heras Medina
Celestino Alonso García
José Cameán Cotelo
Manuel de las Heras Medina
Eulogio Dubra Cabeza
Juan Manuel López Reyes
José Manuel Casal López