Convocatoria da sesión ordinaria do pleno para o xoves 19 de xuño, ás 09.15 horas.
1.- Acta da sesión anterior (26/05/2025). Aprobación.
2.- Regulamento orgánico municipal (ROM) do concello de Carballo. Aprobación inicial. (CIRIAX de 16/06/2025)
3.- Anexo I do convenio colectivo do persoal laboral ao servizo do concello de Carballo. Corrección de erros. Aprobación. CIFEC de 16/06/2025)
4.- Modificación da ordenanza fiscal n.º 11, reguladora das taxas no Mercado municipal de abastos. Aprobación inicial. (CIFEC de 16/06/2025)
5.- Bonificacións do ICIO, IBIU e IAE, por fomento do emprego. (CIFEC de 16/06/2025)
5.1.- Acondicionamento dunha nave industrial destinada a concesionario de vehículos, na parcela I5, rúa Wolframio, do Parque Empresarial de Carballo.
5.2.- Construción dun campamento de turismo no lugar Monte Peados en Razo.
6.- Contrato administrativo de “Servizo de Axuda no Fogar do concello de Carballo” (SER 18/2025). Aprobación. (CIFEC de 16/06/2025)
7.- Renuncia á adicación exclusiva por xubilación de Evencio Ferrero Rodríguez.
8.- Renuncia como concelleiro do grupo municipal do Partido Popular de Javier Calvelo Bellón
9.- Seguimento de órganos de goberno:
9.1.- Dáse conta expresamente das resolucións da alcaldía:
- Decreto 1116/2025 de 23 de abril. Patrimonio. Expediente de investigación relativo a un camiño sito no lugar de Constenla, parroquia de Rebordelos, que forma parte do vial inscrito co núm. de orde 7401 (13/2022-PAT) Aprobación definitiva.
- Decreto 1454/2025 de 23 de maio. Patrimonio. Expediente de investigación relativo á superficie que figura entre o linde Este da parcela catastral 5250621NH2854N e a rúa Vázquez de Parga (11/2023-PAT). Resolución
9.2.- Dáse conta das resolución da alcaldía ditadas entre o día 21 de maio número 1423 e o día 13 de xuño número 1726
9.3.- Acordos da Xunta de Goberno Local
9.4.- Rogos e preguntas