A web oficial do concello de Carballo

Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do 6 de outubro de 2025

06/10/2025
13:30
Sala de xuntas

1.- ACTA DA SESIÓN ANTERIOR (22/09/2025). APROBACIÓN

2.- EXPEDIENTES DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL
2.1.- Expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos materiais sufridos no vehículo con matrícula 1891CNW (RPA 005/2025). Resolución. Estimación.
2.2.- Expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos materiais sufridos no vehículo con matrícula 2234BSW por mal estado na rúa Vázquez de Parga (RPA 002/2025). Desestimación. Resolución.
2.3.- Expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos materiais sufridos no vehículo con matrícula 9904HPV en la calle Gardenias (RPA 022/2024). Desestimación. Resolución.

3.- LICENZAS DE OBRA
3.1.- Modificado de proxecto para construción de edificación de uso industrial sen actividade específica situada na parcelaC26-27, da rúa do Seixo, no Parque Empresarial de Bértoa.
3.2.- Construción de nave industrial destinada a almacén de materiais de construción e aparcamento de vehículos de empresa, na rúa do Granito, parcela C6-C7, do Parque Empresarial de Bértoa.
3.3.- Construción de nave industrial destinada a sede de empresa de servizos agrícolas, na rúa do Granito, parcela A7-A8, do Parque Empresarial de Bértoa.
3.4. Construción de nave industrial destinada a sede de empresa construtora, na rúa do Seixo, parcela G8-G9, do Parque empresarial de Bértoa.
3.5.- Acondicionamento de parcela e instalación de módulos prefabricados vinculados á actividade de xestor de residuos, na rúa do Titanio, parcela A24, do Polígono Industrial de Bértoa.
3.6.- Prórroga do prazo de remate das obras de construción dunha nave industrial situada na rúa do Bronce, parcela I18, do Parque Empresarial de Bértoa.
3.7.- Reforma de local en planta baixa para destinalo a unha vivenda na rúa Victoria, núm. 10
3.8.- Ampliación de establecemento comercial colectivo Parque Comercial A Revolta. Avenida da Revolta, s/n.
3.9.- Construción de muro de cantería e pérgola no lg. Castrillón, parroquia de Lema
3.10.- Reforma de edificio para instalar un ascensor na rúa San Xosé, núm. 5.
3.11.- Rehabilitación de vivenda unifamiliar situada no lg. Vilar do Carballo, parroquia de Oza.
3.12.- Reforma e rehabilitación de edificio existente situado na rúa Doutor Fleming, núm. 39.
3.13.- Construción de vivenda unifamiliar no lg. Mirón, núm 21, parroquia de Bértoa
3.14.- Construción de vivenda unifamiliar no Lg. Piñeiro, parroquia de Verdillo.
3.15.- Rehabilitación de hórreo no Lg. Piñeiro, núm. 11, parroquia de Goiáns.
3.16.- Construción dun almacén para gardar maquinaria agrícola no Lg. Esteves, parroquia de Ardaña
3.17.- Corrección de erro no texto da licenza de construción dun edificio de vivendas na rúa Perú, núm. 31.

4.- BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á PROMOCIÓN E FOMENTO DO DEPORTE ESCOLAR NO CONCELLO DE CARBALLO DURANTE O CURSO 2025/2026. APROBACIÓN

5.- PROXECTO DE EXPROPIACIÓN POLO PROCEDEMENTO DE TAXACIÓN CONXUNTA PARA A EXECUCIÓN DE PLANEAMENTO: OBTENCIÓN DE VIARIO NA RÚA EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZ. APROBACIÓN DEFINITIVA.

6.- ROGOS E PREGUNTAS.