A web oficial do concello de Carballo

Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local

17/11/2025
13:30
Sala de xuntas

1.- ACTA DA SESIÓN ANTERIOR (03/11/2025). APROBACIÓN

2.- XULGADOS E TRIBUNAIS. DACIÓN DE CONTA

3.- LICENZAS DE OBRA.
3.1.- Reforma de edificación para destinalo a local comercial no Lg. Mirón, núm. 49
3.2.- Construción dun almacén para uso agrícola no Lg. O Añón, parroquia de Bértoa.
3.3.- Construción de edificación destinada a ximnasio na Avenida Malpica, núm. 105
3.4.- Instalación eléctrica no Lg. A Ponte 56 e Polígono 10, 83 e 85.
3.5.- Reforma de local en planta baixa para destinalo a unha vivenda na Avenida Ponte da Pedra, núm 60, baixo.
3.6.- Modificado de proxecto de licenza de nave industrial destinada a aparcamento de vehículos dunha empresa de transportes a nave sen actividade específica na parcela C5, da rúa do Granito, no Parque Empresarial de Bértoa.

4.- CEMITERIO MUNICIPAL DE CARBALLO
4.1.- Concesión administrativa demanial, provisional, do nicho A4744 do cemiterio municipal de Carballo.

5.- CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O COFINANCIAMENTO DO SERVIZO DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO AO/Á TOXICÓMANO/A E FAMILIAS E POSTA EN FUNCIONAMENTO DOS PROGRAMAS DE INSERCIÓN PARA A INCLUSIÓN SOCIAL PARA O ANO 2025. APROBACIÓN.

6.- ROGOS E PREGUNTAS