A web oficial do concello de Carballo

Convocatoria da sesión ordinaria de pleno para o luns 28 de setembro do 2026

28/09/2026
20:30
Salón de plenos

Parte resolutiva:
1.- Acta da sesión anterior (07/09/2026). Aprobación.
2.- Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para a apertura do sistema xeral viario SXVI-1 (B,C,D,E). Aprobación Definitiva.
3.- Aprobación da conta xeral do Concello de Carballo do exercicio económico 2025.

Parte de control:
4.- Moción do PSdG-PSOE (RE núm. 202699900007161, do 15/09/2026): iniciativa sobre a mellora da conexión de transporte público entre Bergantiños e a zona hospitalaria da Coruña.
5.- Moción do PP (RE núm. 202699900007187, do 16/09/2026): impulso da mellora da DP1916, estrada da Pedra do Sal.
6.- Moción do BNG (RE núm. 202699900007198, do 16/09/2026): execución coordinada da ampliación do parque empresarial de Bértoa e da variante de Carballo.
7.- Resolucións da Alcaldía.
Resolucións ditadas entre o día 01/09/2026 (núm. 2414) até o día 22/09/2026 (núm. 2625).
8.- Acordos da Xunta de Goberno Local.
Actas das sesións da XGL de datas 24/08/2026 e 07/09/2026.
9.- Dación de conta do escrito do voceiro do PP (RE núm. 202699900007165, do 15/09/2026), de designación de membros do seu grupo nas Comisións Informativas.
10.- Informe das observacións e notas de reparo da Intervención municipal con respecto a expedientes de xestión de gastos e ingresos tramitados no exercicio 2025.
11.- Rogos.
12.- Preguntas