A web oficial do concello de Carballo

A corporación municipal debate o proxecto de orzamento xeral para o ano 2026

29/12/2025
20:30
Salón de plenos

Parte resolutiva:
1.- Actas das sesións anteriores (24/11/2025 e 09/12/2025). Aprobación.
2.- Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+2026” da Deputación Provincial da Coruña. POS+Adicional 1/2026 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. Aprobación. (CIFEC de 22/12/2025)
3.- Cadro de persoal do concello de Carballo para o ano 2026. Aprobación inicial. (CIFEC de 22/12/2025)
4.- Orzamento xeral do concello de Carballo para o ano 2026. Aprobación inicial. (CIFEC de 22/12/2025)
5.- Contrato administrativo de “Servizos enerxéticos para o alumeado público do concello de Carballo” Aprobación da proposta de estrutura de custos da actividade. (CIFEC de 22/12/2025)
6.- Recoñecemento de obrigas de exercicios anteriores. Expediente 4/2025. Aprobación. (CIFEC de 22/12/2025)
7.- Estimación parcial da solicitude de declaración de compatibilidade para o desenvolvemento dun segundo posto de traballo no sector público. Aprobación. (CIFEC de 22/12/2025)

Parte de control:
8- Resolucións da Alcaldía

  • Ditadas entre o día 19/11/2025 núm 3498 e o día 22/12/2025, núm 3970
  • Expresamente Resolución 3445/2025 de 17 de novembro. Patrimonio. Actualización do inventario municipal. Cancelación do edificio sito na rúa do Sol (EP 1, NÚM. ORDE 208) e alta do solar correspondente (18/2025-PAT)

9.- Acordos da Xunta de Goberno Local
Actas de XGL de 17/11/2025 e 01/12/2025.
10.- Rogos
11.- Preguntas