O alcalde preside a xuntanza do consello parroquial de Sísamo, ao que tamén asistirán o concelleiro de Participación Veciñal, Ramón Varela, e representantes dos grupos políticos municipais co obxectivo de escoitar as demandas, propostas e necesidades da veciñanza e facer seguimento das actuacións municipais na parroquia.
Durante a reunión abordaranse diferentes cuestións relacionadas co día a día da parroquia, entre elas o estado dos servizos municipais, mantemento de infraestruturas e camiños, proxectos en marcha e novas propostas trasladadas polo consello parroquial.
Estas xuntanzas forman parte do compromiso do goberno municipal de manter un contacto directo e periódico coas parroquias, reforzando a participación veciñal e a colaboración entre a veciñanza e o Concello para mellorar a calidade de vida no rural.