A web oficial do concello de Carballo

O alcalde asina un convenio coa RAG para a elaboración do mapa sociolingüístico escolar de Carballo

12/03/2026
11:00
Casa do concello

O Concello de Carballo e a Real Academia Galega asinarán o 12 de marzo un convenio de colaboración para a realización do mapa sociolingüístico escolar do municipio, un estudo que permitirá coñecer con maior precisión a situación e os usos da lingua galega entre o alumnado dos centros de ensino infantil, primaria e secundaria.

Na sinatura do acordo participarán o alcalde de Carballo, Daniel Pérez López, e o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo.