O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, participa nos actos de homenaxe a Cándido González Tiradas, que se celebran na véspera do 120º aniversario do nacemento do escritor na nosa vila. Aínda que a ruta guiada e teatralizada tivo que ser adiada por mor do mal tempo, mantéñense parte dos actos previstos na rúa que leva o nome do autor, situada na zona da Pedra Furada.
A xornada, aberta a toda a veciñanza, comezará ás 12.00 horas co descubrimento dun panel informativo sobre Cándido González Tiradas. Intervirán o historiador Hadrián García, familiares do homenaxeado, que farán unha ofrenda floral, e o alcalde.