A web oficial do concello de Carballo

Daniel Pérez inaugura unha exposición sobre Alfredo Brañas no 125 aniversario do seu pasamento

12/03/2026
19:00
Pazo da Cultura

Pazo da Cultura de Carballo acollerá desde o 12 de marzo ata o 12 de abril a exposición Alfredo Brañas Menéndez. XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento, unha mostra que propón unha revisión contemporánea da figura do intelectual carballés.

A inauguración terá lugar o xoves 12 de marzo ás 19.00 horas no andar -1 do Pazo da Cultura. Ao acto asistirán o alcalde, Daniel Pérez, e a concelleira de Cultura, Maruxa Suárez, e incluirá unha visita guiada a cargo da comisaria da exposición, a profesora de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela Belén Trigo García.

Alfredo Brañas cadrada