A web oficial do concello de Carballo

Daniel Pérez inaugura a XIX Feira de Emprego Talento Mozo da Cámara da Coruña

12/03/2026
10:00
Fórum Carballo

O 12 de marzo, de 10h a 14h, terá lugar a XIX Feira de Emprego Talento Mozo da Cámara de Comercio da Coruña no Fórum Carballo. As 29 empresas que van participar ofrecerán postos de traballo dirixidos a mozos e mozas menores de 30 anos que non se atopen traballando nin estudando e que estean inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, e a vicepresidenta segunda da Cámara de A Coruña, Luz Pardo, inaugurarán esta edición ás 10:00h.

A xornada inclúe tamén talleres nos que se abordarán estratexias útiles para participar en procesos de selección e para realizar unha entrevista de traballo con éxito.

 

Feria de emprego Cámara de Comercio da Coruña 2023