Turismos
A unidade móbil de inspección técnica de turismos visitará Carballo nas seguintes datas:
- Do 29/04/2026 ao 30/04/2026
- Do 04/05/2026 ao 05/05/2026
A ITV estará situada no polígono industrial de Bértoa, xunto á nave servizos agrícolas Pose. O horario de atención será de 09:00 a 13:30, pola mañá, e de 15:15 a 18:00, pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañá,e tarde todos os días agás:
- 30/04/2026 só horario de mañá
- 05/05/2026 só horario de mañá
Ciclomotores
A unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores realizará dúas visitas a Carballo ao longo do ano 2026. A próxima terá lugar na seguinte data:
- 20/10/2026
O horario de atención ao público será de 09.00 a 13.30.
Solicitude de cita
- Por teléfono: 981 92 80 80
- A través da páxina web: www.sycitv.com – cita previa