A web oficial do concello de Carballo

Subvencións da Deputación da Coruña ao Concello de Carballo para o mantemento do CMUS e dun posto de traballo de técnico en xestión cultural 2025

1.No BOP do 10/02/2025 a Deputación da Coruña publicou a Resolución pola que se aproba a concesión definitiva da subvención correspondente a programa FO206/2025: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para financiar os gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2025.

Beneficiario: Concello de Carballo

Obxecto: Mantemento persoal técnico en xestión cultural

Importe: 15.000 €

2.No BOP do 10/02/2025 a Deputación da Coruña publicou a Resolución pola que se aproba a concesión definitiva da subvención correspondente a programa FO207/2025: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de músicae escolas de danza municipais , durante o ano 2025.

Beneficiario: Concello de Carballo

Obxecto: Mantemento do Cmus Profesional de Música de Carballo durante o 2025

Importe: 25.000 €