A web oficial do concello de Carballo

Subvencións da Deputación da Coruña ao Concello de Carballo para o mantemento do CMUS e dun posto de traballo de técnico en xestión cultural

1. No BOP do 08/03/2024 a Deputación da Coruña publicou a Resolución pola que se aproba a concesión definitiva da subvención correspondente a programa FO207/2024: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza municipais, durante o ano 2024. 

Beneficiario: Concello de Carballo

Obxecto: Mantemento de Conservatorios de Música 

Importe: 25.000 €

2.No BOP do 21/02/2024 a Deputación da Coruña publicou a Resolución pola que se aproba a concesión definitiva da subvención correspondente a programa FO206 /2024: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2024

Beneficiario: Concello de Carballo

Obxecto: Mantemento do posto de traballo de técnico en xestión cultural

Importe: 15.000 €