A web oficial do concello de Carballo

Subvención da Deputación da Coruña para o financiamento dos gastos de persoal técnico do Museo de Bergantiños no 2024

A Deputación da Coruña concedeu ao Concello de Carballo subvención por un importe de 20.000 € para financiar os gastos de persoal técnico do Museo de Bergantiños. Con esta axuda búscase fortalecer o tecido cultural local e concretamente reforzar a estrutura de persoal e a capacidade económica dos concellos para que melloren e profesionalicen o persoal técnico de museos e centros museísticos.