Os servizos mínimos realizaranse atendendo ás circunstancias das persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar, especialmente a súa vulnerabilidade, entendendo que para a cobertura mínima de atención dunha situación de folga habería que priorizar as funcións que se desenvolven para que quede garantida a cobertura dos servizos relacionados coa atención persoal na realización das actividades da vida diaria de acordo co recollido no artigo 23 a. da lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia.