A web oficial do concello de Carballo

O Fórum Carballo será sede dun curso de xestión de chamadas de teleasistencia para persoas desempregadas. Infórmate!

O Fórum Carballo acollerá a partir de maio un curso de xestión de chamadas de teleasistencia dirixido, prioritariamente, a persoas desempregadas. Esta acción formativa consta de tres unidades de competencia, que se impartirán ao longo de 328 horas.

Os/as participantes aprenderán a recibir, emitir e xestionar chamadas para prestar o servizo de teleasistencia, xestionando ferramentas telemáticas, técnicas de asistencia telefónica e habilidades psicosociais e de traballo en equipo, respondendo ás necesidades e demandas dos usuarios e mobilizando os recursos necesarios no seu caso, garantindo en todo momento a calidade do servizo, o trato personalizado e a confidencialidade da información.

Ademais da materia específica, o alumnado recibirá formación en igualdade, inserción laboral e sensibilización medioambiental. O curso tamén inclúe 80 horas de prácticas.

Dado que se trata dun curso de Nivel II, para acceder hai que cumprir algún dos seguintes requisitos de formación previa:

  • ESO ou equivalente
  • Certificado profesionalidade nivel II
  • Certificado profesional de nivel I da mesma familia profesional
  • Competencias Clave nivel II
  • Ter superado un curso de formación específico preparatorio para o acceso a ciclos de grado medio
  • Superar unha proba de acceso a ciclos formativos de grado medio
  • Título de Formación Profesional Básica
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos

As persoas interesadas en participar poden presentar a solicitude na oficina do Servizo de Emprego Público de Galicia (SEPG), na planta baixa do Fórum Carballo.