A web oficial do concello de Carballo

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo abre do 1 ao 5 de setembro un prazo extraordinario de matrícula para o curso 2025-26

O Conservatorio Profesional de Música (CMUS) do Concello de Carballo abre un prazo extraordinario de matrícula para o curso 2025-26. Do 1 ao 5 de setembro poderán realizarse as inscricións para as seguintes actividades:

  • Iniciación á música (nenos/as de 6 e 7 anos)
  • Trompa e viola (nenos/as de 8 ou máis anos)

As familias interesadas poden informarse e realizar a solicitude no rexistro do Pazo da Cultura, en horario de mañá.