A web oficial do concello de Carballo

Modificación da ordenanza reguladora dos servizos do programa Concilia e dos seus prezos públicos

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do luns, 27 de outubro do 2025 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«1º.- Aprobar inicialmente a Ordenanza reguladora dos servizos do “Programa Concilia” do Concello de Carballo.»

Transcorrido o prazo de exposición pública do devandito acordo, logo da inserción do anuncio aprobación inicial e apertura do trámite de exposición pública previsto no art. 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, en B.O.P. n.º 213, do 06/11/2025, sen que se teñan presentado reclamacións dentro do prazo legalmente establecido, procede inserir o anuncio de aprobación definitiva da devandita Ordenanza, xunto co texto íntegro da mesma, a efectos da súa entrada en vigor.

A Ordenanza entrará en vigor unha vez transcorrido, logo da presente publicación, o prazo establecido no art. 65.2 da Lei 7/1985.