A web oficial do concello de Carballo

Listaxe provisional de admitidos/as e excluidos/as no programa Concilia para o curso 2025-26

Comunicamos que TODAS as solicitudes no Programa Concilia están admitidas.

  • En tanto TODAS as solicitudes presentadas para acceder ao programa Concilia no curso 2025-2026 foron admitidas, o listado en canto a admisión terá o carácter de definitivo dende o día 14 de agosto.
  • Os recibos do servizo aboaranse por domiciliación bancaria do 1 ao 5 de cada mes.
  • Os gastos dos recibos devoltos correrán a cargo do/a solicitante.

No documento achegado máis abaixo na sección de “Descargas” pode consultarse a listaxe de bonificacións concedidas segundo as solicitudes presentadas.

  • No caso de desacordo coa bonificación o/a solicitante dispón de prazo ate o 25 de agosto (dez días) para presentar a reclamación que estime oportuna.
  • A reclamación realizarase mediante presentación de escrito por Rexistro do Concello ou por calquera outro medio legalmente admitido.
  • Para todos/as os/as solicitantes que non presenten recurso, a bonificación reflectida terá o carácter de definitiva.