
Xa están dispoñibles as datas de venda dos bonos e entradas para a 35ª edición do FIOT
Bonos do Programa de Sala
- Socios e socias da AC Telón e Aparte: do 14 ao 17 de setembro.
- Público xeral: a partir do 18 de setembro.
Bonos e entradas da Rúa dos Contos
Á venda a partir do 14 de setembro.
Entradas soltas para o Programa de Sala, OTNI, FIOT en Ruta e FIOTiño
Á venda desde o 18 de setembro ata o día anterior a cada función.
A venda anticipada realizarase a través de Ataquilla.
O propio día de cada función tamén se poderán adquirir entradas na billeteira de cada espazo desde 90 minutos antes do inicio, segundo dispoñibilidade.