A web oficial do concello de Carballo

Espectáculo de fogos artificiais San Xoán 2025 (noite do mércores 25 ao xoves 26 de xuño)

  • Entidade organizadora: Concello de Carballo.
  • Nome da empresa de expertos: Pirotecnia Rocha-Areas S.L.
  • Localización e hora de inicio: Agra da Lagoa. A hora prevista para o disparo de fogos artificiais é o xoves 26 de 2025 ás 00.00 horas (madrugada do mércores 25 ao xoves 26 de xuño).
  • Estacionamento prohibido na rúa Vila de Negreira: A partir das 15.30 h do mércores 25
    de xuño ata as 02.00h do xoves 26 de xuño.
  • Corte de tráfico da rúa Vila de Negreira: A partir das 23.30 h do mércores 25 de xuño ata
    as 02.00 do xoves 26 de xuño.

RECOMENDACIÓNS PARA O PÚBLICO

  1. Os fogos artificiais e as celebracións van xuntos. Pero os fogos artificiais poden ser perigosos e
    ocasionar graves queimaduras e lesións nos ollos.
  2. É convinte acudir coa antelación suficiente ao lugar de celebración, polo menos uns 30 minutos
    antes.
  3. Deben obedecerse as instrucións do persoal de seguridade e organización do evento e respectar
    as barreiras de seguridade. Non hai que achegarse ao lugar onde están lanzando os fogos. De feito,
    a mellor vista dos fogos artificiais é a 150 metros de distancia ou moito máis alá.
  4. No caso de acudir con nenos pequenos (non levar nunca bebés con carritos, etc., por propia seguridade) é convinte chegar pronto para situalos xunto á barreira de seguridade para unha maior
    comodidade.
  5. En caso de sentirse mal (lipotimias, mareos) ou sufrir algunha ferida durante o espectáculo, acudir aos Membros de Asistencia Sanitaria que estarán situados de forma estratéxica ao longo da Barreira de Seguridade.
  6. Durante o disparo dos fogos artificiais é bastante frecuente, se estamos situados na dirección do
    vento, que caian restos de cinza. En caso de introducirse nos ollos, convén lavar con auga
    abundante e non restregarse.
  7. Aínda que é raro que aconteza, si un compoñente do lume artificial cae ao piso sen explotar
    preto de ti, non se debe tocar, nin empuxalo co pé (xa que se pode reactivar e explosionar). Hai
    que avisar inmediatamente a persoal de seguridade do evento: Policía, Bombeiros ou Protección
    Civil. Nunca o manipules.
  8. Deixar as mascotas na casa porque teñen os oídos sumamente sensibles ás explosións e adoitan
    ser moi desagradables para eles, en especial para os cans.