Entre os días 5 de maio e 6 de xullo, persoal acreditado polo Instituto Galego de Estatística dirixirase a varias vivendas seleccionadas do noso concello para levar a cabo a operación estatística “Enquisa estrutural a fogares” co obxectivo de reflectir as condicións de vida das familias galegas.
As familias seleccionadas recibirán unha carta na que se lles informará do obxectivo da enquisa, os medios facilitados para contestala, a obriga de facilitar eses datos e de que a información é estritamente confidencial e está protexida polo segredo estatístico.
Teléfono de información gratuíto: 900 102 104 (horario de 9:00 a 14:00).