A web oficial do concello de Carballo

Corte de auga polas obras de mellora do depósito do Añón na madrugada do 28 ao 29 de xullo

Informamos de que debido ás obras de mellora no depósito do Añón, que consistirán na instalación dun novo contador e válvulas á saída do depósito, está previsto un corte de auga. O horario do corte será de 00.15 a 4.00 da mañá do 29 de xullo (noite do 28 ao 29). As zonas afectadas polo corte serán as que estean por riba do nivel do encoro de Seixo-Branco:

  • Sector do Añón de Verdillo
  • Sector Paraíso e O Alto
  • Sofán e A Redonda
  • Moucho
  • Vilar do Carballo e Oza Vella

Está prevista unha baixada de presión en:

  • Polígono de Bértoa
  • As Airas
  • Artes
  • Vivente e Ardaña
  • Do Polígono de Bértoa a Razo da Costa

Desculpas polas molestias ocasionadas.