Informamos á comunidade escolar do Cmus Profesional de Carballo que o pasado xoves 29 de outubro nos foi comunicada a renuncia da directiva da Anpa por falta dos apoios necesarios para continuar coa súa labor.
Ante esta situación, nos gustaría comunicar os múltiples perxuizos que supón para o centro non ter unha asociación de pais activa, entre eles a perda de un dos dous representantes de pais no Consello Escolar do centro, ou a imposibilidade de organizar eventos que dependen directamente da xestión dunha asociación sen ánimo de lucro, coma as masterclass das distintas especialidades que se veñen impartindo nos últimos anos, ou actividades extraescolares de apoio ás agrupacións do centro.
Por este motivo, e en nome da anterior directiva da Anpa, comunicamos que terá lugar unha convocatoria extraordinaria de reunión da Anpa o vindeiro venres 6 de novembro ás 20h na aula de Tics do 1º andar para tratar esta e outras cuestións.
Desde o equipo directivo do centro pregamos a maior asistencia e o maior apoio posible.
Graciñas de antemán