As obras para reducir o risco de inundacións do río Anllóns farán necesario cortar o Enlace Oeste da autoestrada AG-55 a partir do mércores 28 de maio, segundo informa a Xunta de Galicia.
Dende as 09.00 h pecharase a circulación neste ramal de acceso á autoestrada, na contorna do punto quilométrico 35 da AG-55. O corte afectará a todos os movementos. Para facilitar a mobilidade na zona haberá rutas alternativas polo enlace de Carballo Norte da AG-55 ou polo enlace de Coristanco.
Os desvíos estarán debidamente sinalizados e con carteis de obra tanto na autoestrada AG-55 como na estrada autonómica AC-552.