A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade ofrece ás familias do concello, sexan ou non usuarias habituais do servizo, a posibilidade de utilizar o programa Concilia o venres 20 de marzo, coincidindo coa ponte de San Xosé.
Horario
O servizo desenvolverase no horario habitual, de 7:00 a 14:30 horas.
Prezo
O custo será de 10,40 € por día, segundo establece a ordenanza municipal, e inclúe o servizo de almorzo.
Lugar
A actividade realizarase en O Recuncho dos Nenos, na rúa Barcelona, 18, entrechán dereito.
Neste espazo as familias deberán deixar e recoller os nenos e nenas participantes.
Solicitudes
As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude correspondente dentro do prazo establecido, que rematará o 15 de marzo.
As anulacións de reserva ou a non asistencia unha vez finalizado o prazo de solicitude implicarán o aboamento íntegro do servizo.
Prazas
O número de prazas é limitado, polo que a adxudicación realizarase por estrito orde de inscrición.
Máis información
Centro de Información á Muller (CIM) – Servizos Sociais do Concello de Carballo
📞 981 700 688
📞 638 123 460