A web oficial do concello de Carballo

Aberto o prazo de inscrición no programa “Concilia” para os días non lectivos de xuño

O Concello de Carballo, a través do Centro de Información á Muller (CIM), abre o prazo de inscrición no programa “Concilia”, dirixido a dar cobertura e facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante os días non lectivos do mes de xuño, unha vez finalizado o curso escolar.

O servizo estará dispoñible tamén para os nenos e nenas que non son usuarios habituais do programa durante o ano, e funcionará os días 22, 23, 26, 29 e 30 de xuño. O horario será de 7:00 a 14:30, e inclúe o servizo de almorzo.

O prezo por día e alumno/a é de 10,40 €, conforme ao establecido na correspondente ordenanza municipal. Dado que o número de prazas é limitado, a adxudicación das mesmas realizarase por estrita orde de inscrición.

Nesta ocasión, as actividades desenvolveranse nas instalacións de Pequeñis (Rúa Álvaro Cunqueiro nº 1, baixo esquina), lugar onde as familias deberán deixar e recoller aos menores.

As persoas interesadas en solicitar o servizo deberán cubrir o formulario oficial, que pode descargarse máis abaixo, e achegar a documentación correspondente. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o mércores 10 de xuño de 2026 ás 23:59 horas.

Para obter máis información ou resolver dúbidas, as familias poden poñerse en contacto co Centro de Información á Muller (CIM) a través dos teléfonos 981 700 688 e 638 123 460.