O Concello de Carballo aprobou, por resolución da Alcaldía nº 700/2026 do 11 de marzo, os padróns fiscais correspondentes ao exercicio 2026 do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), a taxa de lixo en vivenda e a taxa por vaos e reservas de estacionamento.
En total, póñense ao cobro 46.982 recibos, que suman un importe global de 3.392.590,16 euros .
Por tributos, os datos son os seguintes:
- IVTM: 27.833 recibos por 1.619.212,27 €
- Taxa de lixo (vivenda): 18.650 recibos por 1.661.319,14 €
- Vaos e reservas: 949 recibos por 112.058,75 €
Case a metade dos recibos, o 47,31%, están domiciliados, mentres que o 52,69% deberán ser aboados polos contribuíntes dentro do período voluntario.
Prazo de pagamento
O período voluntario de pagamento está aberto do 23 de marzo ao 29 de maio de 2026, ambos incluídos .
Formas de pagamento
Os recibos poderán ser aboados:
- Nas oficinas e caixeiros de ABANCA, CaixaBank, Banco Santander e BBVA
- A través da banca electrónica ou móbil
- Na pasarela de pagos da web municipal
Os recibos domiciliados cargaranse automaticamente a partir do 8 de abril, e o prazo para domiciliar novos recibos remata o 6 de abril.
Envío de recibos
O Concello remitirá por correo postal máis de 14.000 cartas de pagamento aos contribuíntes con recibos non domiciliados, así como comunicacións informativas no caso dos recibos domiciliados .
As persoas que non reciban a carta poderán solicitala na Recadación Municipal.
Aviso importante
Unha vez rematado o período voluntario, iniciarase a vía executiva, coa aplicación dos recargos e xuros correspondentes segundo a normativa vixente.