A web oficial do concello de Carballo

Aberto ata o 27 de outubro o prazo de solicitude do programa Concilia para a ponte de novembro

O Concello de Carballo ofrece ás familias a posibilidade de utilizar o programa Concilia durante a ponte de novembro. Os días 30 e 31 de outubro e o 3 de novembro (non lectivos) o servizo funcionará desde as 07.00 ata as 14.30 horas no Recuncho dos Nenos, situado na rúa Barcelona, número 18, entrechán dereito.

O custe do servizo será de 8,24 euros/dia, almorzo incluído.

O prazo de solicitude está aberto ata o 27 de outubro.

O número de prazas é limitado e adxudicaránse por orde de solicitude no rexistro de entrada do Concello de Carballo.

Máis información

  • Centro de Información á Muller (CIM), edificio de Servizos Sociais do Concello de Carballo.
  • Teléfonos 981 700 688 e 638 123 460.