A Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria organiza o programa Xuntos polo Nadal, de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Prazas e destinos
Ofrécense un total de 270 prazas. Na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), 140 prazas totais para as persoas solicitantes das provincias da Coruña e Ourense, distribuídas proporcionalmente segundo poboación:
A Coruña: 110 prazas
Datas e servizos
Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2025 e o día 7 de xaneiro de 2026, en tres quendas diferentes, das que só se poderá elixir unha:
- 23 de decembro de 2025 ao 7 de xaneiro de 2026 (16 días)
- 23 ao 30 de decembro de 2025 (8 días)
- 31 de decembro de 2025 ao 7 de xaneiro de 2026 (8 días)
O programa inclúe os seguintes servizos:
- Estancia na residencia durante 16 días (15 noites) ou 8 días (7 noites)
- Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa. Só se autorizará o aloxamento en habitacións individuais mediante informe médico que acredite a súa necesidade.
- Desprazamento en autobús dende os lugares que se establezan nas localidades que corresponda: saídas á Residencia de Tempo libre de Panxón (Nigrán) dende as localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela e Ourense.
- Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuaranse os día 23 e 31 de decembro,e a volta os días 30 de decembro e 7 de xaneiro respectivamente, despois do almorzo.
Persoas beneficiarias
a) Ter 60 anos cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
b) Estar empadroadas nalgún concello galego.
c) Vivir soas no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou de conduta, que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía. Recoméndase estar vacinado fronte a COVID-19 e a GRIPE segundo o calendario sanitario vixente.
Para a selección das persoas participantes daráselle preferencia ás persoas que:
- Perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos dous anos.
- Teñan máis idade.
- Non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.
As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda.
Estes impresos están á disposición das persoas interesadas na páxina web https://politicasocial.xunta.gal/gl
Prazo e lugares de presentación de solicitudes
Dende o día 13 ata o 26 de novembro de 2025 ( ambos incluídos)
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
- Edificio de Servizos Sociais do Concello de Carballo
- Centro sociocomunitario da Praza de Vigo
- Servizos sociais do centro de saúde