A Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Carballo mantén aberto ata o 18 de setembro o prazo de matrícula para o novo curso, cunha ampla oferta formativa que permite tanto iniciarse na aprendizaxe dun idioma como continuar avanzando ata niveis superiores.
A oferta da EOI de Carballo abrangue alemán, francés, inglés e español como lingua estranxeira, con diferentes niveis adaptados aos coñecementos previos do alumnado.
En concreto, para este curso ofrécense:
- Alemán: A1 e B1.1
- Francés: desde A1 ata B2.2, ademais de cursos de conversa nos niveis B1 e B2
- Inglés: desde A1 ata C2
- Español como lingua estranxeira: A2