A web oficial do concello de Carballo

Aberto do 22 de xuño ao 10 de xullo o prazo de solicitude para participar no Programa de Turismo do Imserso

O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 convoca 879.213 prazas para participar no Programa de Turismo, que se desenvolverá por quendas que agrupen ás persoas usuarias coa mesma orixe, destino e datas.

As quendas, que poderán ter unha duración desde 4 días (3 pernoitas) ata 10 días (9 pernoitas), realizaranse en réxime de pensión completa, agás nas viaxes a capitais de provincia, cuxo réxime será de media pensión.

As quendas do programa iniciaranse durante o período comprendido entre o mes de outubro de 2026 e o mes de xuño de 2027.

PRAZO DE SOLICITUDE

Do 22 de xuño ao 10 de xullo de 2026.

MODALIDADES

  • Zona costeira peninsular: estadías en zonas da costa peninsular de 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunitat Valenciana e Cataluña.
  • Zona costeira insular: estadías de 10 e 8 días en zonas da costa onsular (Canarias e Illes Balears).
  • Turismo de escapada, con estancias de 4, 5 e 6 días, cos seguintes tipos de viaxes:
    • Circuitos culturais.
    • Turismo de natureza.
    • Viaxes a capitais de provincia.
    • Viaxes ás cidades de Ceuta e Melilla.

MAIS INFORMACIÓN