Carballo celebrou o 125º aniversario do pasamento de Alfredo Brañas cun acto protagonizado pola mocidade

Evencio Ferrero lembrou tamén a César Lombera, autor da escultura situada na rúa Coruña, que faleceu hai menos dun mes Hoxe cumpríronse 125 anos do pasamento de Alfredo Brañas en Compostela, pero o carballés máis ilustre foi lembrado na súa vila natal cun acto protagonizado pola chuvia, no meteorolóxico, e pola mocidade, que foi maioría […]
Carballo celebra o Día da Lingua Materna cunha campaña de recollida de palabras propias do noso concello

O 21 de febreiro é o Día Internacional da Lingua Materna, unha celebración proclamada pola Unesco en 1999 coincidindo coa data en que en 1952 a policía e mais o exército paquistaní abriron fogo contra unha multitude de falantes bengalís que se manifestaba polos seus dereitos lingüísticos, vinte anos antes da independencia de Bangladesh. Defendían […]
As alumnas do curso de atención sociosanitaria coñecen as entidades da zona que traballan con persoas dependentes

En maio comezará unha nova acción formativa de xestión de chamadas de teleasistencia. Infórmate no Fórum Carballo! As alumnas do curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais tiveron a oportunidade nestes últimos días de coñecer máis de preto o labor de APEM e Íntegro, dúas das entidades que prestan servizo a persoas […]
A Mesa Local de Comercio aprobou a programación anual do Centro Comercial Aberto e Axober

A Mesa Local de Comercio vén de celebrar unha xuntanza para aprobar as iniciativas programadas para este ano polo Centro Comercial Aberto (CCA) e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober). Por parte desta última, ademais do recente cambio de imaxe, estase a traballar nos seguintes proxectos: Construíndo o futuro, que consistirá na visita […]
A poboación do concello de Carballo incrementouse en 2.646 persoas desde o ano 2003

No 2024 bateuse un récord ao acadar os 31.595 habitantes, e este ano poderían superarse os 32.000 por primeira vez na historia A poboación do concello de Carballo a 1 de xaneiro de 2024, último dato oficial publicado polo Instituto Nacional de Estadística (INE), bateu un récord ao acadar os 31.595 habitantes. Con respecto ao […]
Once centros de estudos superiores participarán o 25 de febreiro na I Feira das Universidades de Carballo

Ademais dos centros de secundaria, que xa teñen visitas concertadas, a iniciativa está aberta ás familias Once centros de estudos superiores participarán na I Feira das Universidades de Carballo, que se celebrará o martes 25 de febreiro no Fórum. Por medio de postos informativos individuais, cada un deles dará a coñecer as posibilidades de futuro […]