A corporación municipal aproba no primeiro pleno do 2024 o orzamento máis elevado da historia do Concello de Carballo

A proposta do goberno saíu adiante con 13 votos a favor, 5 en contra e 2 abstencións A corporación municipal aprobou no primeiro pleno do ano o orzamento máis elevado da historia do Concello de Carballo: 31.539.516,80 euros. A proposta do goberno saíu adiante con 13 votos a favor (BNG), 5 en contra (PP) e […]
Sorteo de 20 vales de compra de 150 euros dentro da campaña "O Nadal máis doce"
O luns 8 de xaneiro realizouse no Museo de Bergantiños o sorteo público de 20 vales de compra, por importe de 150 euros cada un, correspondentes á campaña de promoción do comercio local “O Nadal máis doce”, organizada pola Concellaría de Promoción Económica coa participación de máis de 90 establecementos comerciais. Os vales poderán gastarse […]
O Concello de Carballo está a organizar un sistema de recollida ante a chegada dos primeiros pellets ás nosas praias

Ademais da empresa concesionaria do servizo de limpeza de praias, desde o Concello coordinaranse accións cidadás con entidades medioambientais Esta fin de semana chegaron ás nosas praias os primeiros pellets procedentes do buque Toconao, que perdeu varios contedores cando navegaba pola costa portuguesa, á altura de Viana do Castelo, o 8 de decembro. Desde hai […]
O Concello de Carballo acadou no ano 2023 un volume de licitación de obras e servizos superior aos 20 millóns de euros

Máis da metade corresponden a obras, cun total de 11.085.877,56 euros O Concello de Carballo acadou no 2023 un volume de licitación de obras, servizos e subministros superior aos 20 millóns de euros, unha cifra récord que reflicte, por unha banda, unha gran capacidade investidora, e, por outra, como destacou o alcalde, o importante traballo […]
Avanzan as obras para a posta en valor da contorna da igrexa de San Martiño e do lugar de Cances da Vila

Nestes momentos está en contratación tamén un proxecto de pavimentación do rueiro interior do Vilar do Carballo (Oza) O Concello de Carballo está a desenvolver nos últimos anos actuacións de posta en valor dos núcleos rurais tradicionais e das contornas das igrexas parroquias. Nesa liña, nestes momentos estase levando a cabo un proxecto de mellora […]
O Conservatorio Profesional de Música iniciou en Cances un ciclo de concertos por varias parroquias

A próxima actuación está programada para o 17 de xaneiro en Entrecruces O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo (CMUS Carballo) aproveitou o Nadal para iniciar unha xira que o levará ao longo do curso por distintas parroquias. A Big Band e varios solistas colaboradores ofreceron o 22 de decembro en Cances unha […]