Comprar no mercado municipal de Carballo desde a Candeloria ata San Valentín ten premio!

Di o refrán que “a partir da Candeloria ningunha ave voa soa”, así que aproveitamos esta xornada para lanzar un novo convite a todas as persoas que levan Carballo no corazón, e trazamos unha ponte entre os dous días do amor que se celebran no mes de febreiro (o 2, Día da Candeloria, e o […]
Comezan os traballos de desmontaxe da pista multideporte da Praza do Concello e xa está contratada unha nova

A brigada municipal de obras comeza os traballos de desmontaxe da pista multideporte situada na Praza do Concello, que, despois de oito anos de uso intensivo, está totalmente amortizada e xa non reúne as condicións axeitadas para a súa utilización. O Concello de Carballo xa ten contratada a instalación dunha nova pista, por un importe […]
O Curruncho Pop volve á Biblioteca Rego da Balsa cun formato que vincula e mestura a literatura coa música en directo

The Waiting abrirá o ciclo de concertos cun tributo a Tom Petty o 17 de febreiro Volve á Biblioteca Rego da Balsa o Curruncho Pop, un ciclo de concertos organizado pola Concellaría de Bibliotecas que acada a súa oitava edición consolidado como unha referencia cultural novedosa e orixinal na cal as propostas musicais, en ocasións […]
Novas incorporacións ao equipo da Policía Local

A Policía Local de Carballo amplía o seu equipo con tres novas incorporacións. Eduardo Castro Prado, Daniel Mariño Rodríguez e Marta Suárez Castiñeira asinaron os seus contratos como axentes en prácticas tras superar o proceso selectivo realizado a través da Academia Galega de Seguridade, á que deberán volver agora para continuar coa súa formación antes […]
A I Feira do Día da Muller e a Nena na Ciencia visibilizará o traballo das investigadoras carballesas para crear referentes femininos

DOMINGO 11 DE FEBREIRO Currunchos científicos, experimentos, xogos, teatro, literatura, robótica e moito máis nunha xornada á medida da rapazada Ademais do tradicional concurso de disfraces de Entroido e da aínda máis tradicional feira dominical, o 11 de febreiro celebraremos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. E, como establece a resolución […]
Xubilación da xefa de negociado de Padrón, Elisa Carballido, tras 44 anos de dedicación ao servizo público

Despois de “44 anos e un mes” de dedicación ao servizo público, Elisa Carballido Rama celebrou este martes o seu aniversario e o comezo dunha nova etapa vital: a xubilación. A xefa do negociado de Estatística, Padrón e Certificacións do Concello de Carballo asinou o seu cese na Alcaldía, e, moi emocionada, dirixiuse aos compañeiros […]