“Poñamos o foco na igualdade”, un programa de concienciación social que vai máis alá do Día da Muller

O Concello de Carballo organiza actividades para a infancia, a mocidade, as persoas adultas e os colectivos profesionais arredor do 8M No Concello de Carballo defendemos que o traballo a prol da igualdade debe ser transversal e continuado, e por iso desde as diferentes áreas do goberno municipal estamos a traballar durante todo o ano […]
Os clubs de lectura seguen a medrar en Carballo con dous novos grupos para rapazada e adolescentes

Este mes bota a andar o club para nenos/as de 7 a 12 anos e en abril arrincará outro para mozos/as de 13 a 17 anos Din as estatísticas que España é un dos países europeos nos que menos se le, pero en Carballo estamos decididos a poñer o noso gran de area para que […]
A Unidade de Condutas Adictivas leva atendidas a 2.156 persoas desde a súa apertura hai 30 anos

Tanto os profesionais sanitarios coma o goberno municipal consideran un ana-cronismo que este servizo siga dependendo do concello Os concellos galegos que acollen unidades de condutas adictivas, así coma o propio persoal sanitario que presta servizo nelas, levan anos reclamando o seu traspaso ao Sergas. No ano 2022 constituíuse unha comisión mixta Fegamp-Xunta para abordar […]
Toma de posesión de 22 traballadores/as municipais

Hoxe tomaron posesión dos seus cargos un total de 22 traballadores e traballadoras municipais tras rematar os procesos selectivos correspondentes á Oferta de Emprego Público (OEP) 2022 Extraordinaria ou de Estabilización. Os nomeamentos corresponden aos seguintes postos: Oficial de mantemento de instalacións deportivas Monitores/as socorristas (8) Coordinador de actividades acuáticas Operario Oficial de mantemento de […]
Cortes de tráfico na ponte da Milagrosa a partir do venres 1 de marzo
A partir do 1 de marzo estará pechado ao tráfico un carril da ponte da Milagrosa. Os vehículos poderán circular nas dúas direccións grazas á regulación do tráfico con semáforos. O carril quedará aberto durante a fin de semana e volverá pecharse o luns 4 e o martes 5. A partir do mércores 6 de […]
22 empresas locais participan na Feira das Oportunidades do CCA, que este ano adianta a súa apertura ao venres pola tarde

DO 8 AO 10 DE MARZO Volve a Feira das Oportunidades do CCA! A cita anual coas mellores ofertas do comercio carballés regresará ao Rego da Balsa do 8 ao 10 de marzo, adiantando a súa apertura ao venres pola tarde. Máis horas para comprar e o mesmo compromiso coa calidade e a variedade de […]