O alumnado de cuarto curso do CEIP A Cristina realizou a primeira visita escolar do ano á casa do concello

Os nenos e nenas mantiveron unha xuntanza co alcalde e varios concelleiros e realizaron un percorrido polas dependencias municipais Os alumnos e as alumnas de cuarto curso do CEIP A Cristina realizaron a primeira visita escolar deste 2025 á casa do concello. E traían a lección ben aprendida, porque, segundo nos contaron as súas profes, […]
A formación en impresión 3D converte a Aula CeMIT nun punto de encontro interxeracional

ABERTA A INSCRICIÓN PARA UN CURSO PARA PROFESORADO Completas as prazas para o campamento dixital para nenos/as de 9 a 13 anos que levaremos a cabo durante as vacacións de Semana Santa Este martes comezou na Aula CeMIT un novo obradoiro de impresión 3D, o segundo que poñemos en marcha neste curso académico. E unha […]
Alumnas de atención sociosanitaria abriron MercaEscola cunha sesión sobre primeiros auxilios

Unha trintena de persoas participan na segunda edición do programa formativo organizado pola Concellaría de Feiras e Mercados Xa está en marcha a segunda edición de MercaEscola, o programa formativo e informativo para persoas adultas organizado polo Concello de Carballo. O concelleiro de Feiras e Mercados, Ramón Varela, deu a benvida ás persoas asistentes e […]
A Xunta de Goberno Local aproba a subvención anual para o financiamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

Os voluntarios que colaboraron nas zonas afectadas pola DINA en Valencia recibiron a Cruz ao Mérito de Protección Civil A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión deste luns a concesión dunha subvención de 25.000 euros á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil para o financiamento da súa actividade anual no noso concello (material, desprazamentos, […]
Os alcaldes de Carballo, Coristanco, Malpica e Ponteceso asinan un novo convenio para o servizo do Centro de Información ás Mulleres

Coincidindo co 8M, o CIM pon en marcha unha nova campaña de divulgación dos servizos que presta ás mulleres dos catro concellos Os alcaldes de Carballo, Coristanco, Malpica e Ponteceso asinaron este venres un novo convenio de colaboración para a prestación conxunta do servizo do Centro de Información ás Mulleres (CIM), con sede no noso […]
Carballo acollerá en abril un encontro de profesionais e estudantes de desenvolvemento de videoxogos

Atlantic Games Conference celebrará a súa primeira edición os días 4 e 5 de abril coa intención de posicionarse como un evento de referencia para o sector en Galicia Atlantic Games Conference é un evento profesional de charlas e networking orientado ao sector do desenvolvemento de videoxogos. A primeira edición celebrarase os días 4 e […]