Presentadas no primeiro trimestre do ano 12 comunicacións previas relacionadas con actividades empresariais

A Oficina Técnica Municipal tamén recibiu entre xaneiro e marzo solicitudes de licenza para a construción de 2 naves industriais e 6 vivendas unifamiliares O Concello de Carballo recibiu no primeiro trimestre deste ano 12 comunicacións previas relacionadas con actividades empresariais, na súa maioría para a posta en marcha de novos negocios, e ademais moi […]
Recepción do alcalde ao Garaysa Xiria en recoñecemento polo título de campión galego alevín de balonmán 2023

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, vén de ofrecer unha recepción ao Garaysa Xiria en recoñecemento polo título de campión galego alevín 2023. Os xogadores estiveron acompañados polo seu adestrador, Jorge Bouzas, e por varios membros da xunta directiva de Balonmán Xiria. Tamén participou no acto o concelleiro de Deporte, Daniel Pérez, que animou aos […]
Aberto do 3 de abril ao 3 de maio o prazo de solicitude de axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e do CMUS
O Concello de Carballo convoca as axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de grao elemental ou profesional no Conservatorio Profesional de Música de Carballo correspondentes ao curso 2023/24. É requisito indispensable que a beneficiaria/o e, cando menos, un dos proxenitores estea empadroado co beneficiario/a no termo municipal de […]
Carballo é unha das 65 sedes españolas do festival internacional de divulgación científica Pint of Science

13, 14 E 15 DE MAIO • Unha das principais características do festival é que se celebra nos bares para intentar achegar a ciencia a todos os públicos Pint of Science, o festival de divulgación científica que propón un encontro entre investigadores/as e público nos bares, chega por primeira vez a Carballo. O noso concello […]
O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e veciñas do noso concello

Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de euros O servizo municipal de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e veciñas de Carballo: 333 con dependencia recoñecida pola administración competente, que é a Xunta de Galicia, e 62 polo sistema […]
O servizo municipal de limpeza viaria pon a punto as 139 marquesiñas que temos repartidas polo concello

O servizo municipal de limpeza viaria non só se encarga de ter nas mellores condicións posibles as rúas e beirarrúas urbanas co traballo que o persoal do centro especial de emprego Aspaber UTE desenvolve a diario, senón que, con distintas periodicidades, tamén asume outro tipo de tarefas como a limpeza das sendas ciclo-peonís, fontes e […]